Notas da versión 22w13oneBlockAtATime
Mojang Studios Saca unha Impresionante Nova Actualización
Salvando Minecraft – un bloque a cada vez!
Simplicitas.
Características
- Eliminados todos os problemas de inventario por medio da eliminación do mesmo.
- Convirtido o mundo enteiro en espazo de inventorio do xogador.
- Cerca de 14 quintillóns de espazos de inventorio.
- Tamén eliminada a experiencia e os encantamentos, xa que estamos á faena.
- Reparado MC-4 facendo que non haxa obxectos no chan.
- Dropper drops. Droppier drops?
- Mellorado o factor de emoción dos cofres >:)
- Engadida a habilidade de lanzar cousas. YEET!
- O cristal é un 50% máis realista ó ser lanzado.
- Engadidos movementos de loitador como alternativa ás correas.
- Modificado o combate
porque é difícilpara crear unha experiencia de xogo máis inmersiva. - Bloque furtivo? Que bloque furtivo?
Obtención da snapshot
As snapshots están dispoñibles para Minecraft: Edición Java. Para instalala, abre o lanzador de Minecraft e habilita as snapshots na pestana de “Instalacións”.
As snapshots poden corromper o teu mundo así que, por favor, realiza unha copia de seguridade e/ou utilizaas nunha carpeta distinta da usada usualmente para os teus mundos.
Ficheiro jar multiplataforma: jar de servidor.
Dúbidas Frecuentes
Non dixemos nalgún momento que “nada máis de snapshots”?
Técnicamente, isto non é unha snapshot, é unha regresshot. Non estamos a engadir nada - senón eliminando cousas!
Iso non é certo? Estades engadindo bastantes cousas a xulgar pola lista de características
Quenquera que escribise esa lista soa como un parxolo.
Por que pensades que este é o paso adecuado para Minecraft?
Por que consideras que és bon facendo preguntas?
Pero queremos que os nosos xogadores se divirtan, non?
Eeeeee, bueeeeno… siiiii??
A ver… para quen é realmente esta snapshot?
LALALALA. Non te podo escoitar!
Disfrutade da actualización! <3
Publicado: 2022/04/01
Autor: Per Landin
Tradutor: Ran#